Thursday 09 de May de 2024

Nova cita co Sábado de portas abertas do Goberno Local


Debido á celebración de ExpoOrdes os días 28, 29 e 30 de abril o Concello abrirá as súas portas este próximo sábado de 10 a 13 horas
O Sábado de portas abertas do Goberno local que cada último sábado de mes se celebra no Concello de Ordes adiántase unha semana. Debido á celebración de ExpoOrdes a fin de semana do 28, 29 e 30 de abril este vindeiro sábado, 22 de abril, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Dita iniciativa vai especialmente dirixida á veciñanza e con ela preténdese facilitar o contacto directo cos edís e o rexedor local. Un xeito especialmente pensado para aquelas persoas que por motivos laborais ou doutra índole non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002 ext. 0.